Mapas actualizados de tódalas temáticas e lugares do mundo!
Comparte e emprega información doutros usuarios.

Tour / Axuda

Crea novos mapas en ikiMap

Crear novos mapas á moi sinxelo e rápido. Podes empregar as ferramentas do editor online para debuxar o teu mapa, ou subir a ikiMap os teus ficheiros (KML, GPX, SHP…)

Comeza creando o teu primeiro mapa

Se xa estás rexistrado en ikiMap podes crear mapas en moi pouco tempo.
Accede a “Crear Mapa”, ponlle un nome e nun par de pasos haberás creado o teu primeiro mapa.

Completa os datos do teu mapa

Engade información adicional ó teu mapa
  • A descrición permíteche insertar máis información sobre o teu mapa: unha lenda, de que trata, cando se fixo, as fontes empregadas…
  • As etiquetas permiten clasificar o teu mapa, e axudar a outros usuarios a que o localicen nas súas buscas.

Crea rutas, puntos de interese, áreas…

Cun par de clics poderás engadir novos elementos ó teu mapa.
O editor online de mapas permíteche engadir marcadores, liñas, polígonos, imaxes, etiquetas…

Personaliza o teu mapa ata deixalo ó teu gusto

Edita o teu mapa e define os elementos do mapa e como queres que se vexan.
  • Introduce unha descrición e etiquetas, cambia o fondo de mapa, engade textos e imaxes…
  • Modifica o estilo dos elementos de mapa: iconas, cores, grosores, transparencia, etc.

Importa os teus archivos

Non tes por que comezar desde cero, podes subir os teus ficheiros para crear un mapa.
  • Ficheiros de Google Earth (KML/KMZ)
  • Tracks grabados desde o teu GPS (gpx)
  • Incluso ficheiros GIS shapefile (shp)

Combina mapas para crear ikiMapas

Une os teus mapas cos de outros usuarios creando un ikiMapa.
Os ikiMapas permítenche visualizar simultaneamente a información de varios mapas, e xestionalos por capas.